Arrinca na Pobra unha nova edición dos cursos de poda e enxerto de árbores froiteiras

15 Xaneiro 2024

Comezou na Pobra do Caramiñal, co novo ano, unha acción formativa en materia medioambiental. Fíxoo esta fin de semana con Carme Freire Cruces como formadora: os cursos de poda e de enxerto das árbores froiteiras.

O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, destacou a “boa aceptación, un ano máis, desta acción”, pois a totalidade das prazas ofertadas esgotáronse pouco despois da súa presentación. Engadiu que esta é unha aposta da Concellaría do Medio Ambiente por, ademais dos habituais traballos de xestión de biomasa e residuos e control de verteduras, “capacitar a veciñanza no coidado das súas hortas para un correcto desenvolvemento das árbores froiteiras”.

A cuarta convocatoria do curso de poda iniciouse coa parte teórica no 13 de xaneiro, se ben os coñecementos non se puideron levar ao terreo nesa mesma tarde, tal e como estaba previsto inicialmente, debido á chuvia da xornada. Deste xeito, a nova data para a poda en seco de froiteiras de óso e de pebida en parcelas será na tarde do 25 de febreiro. A práctica continuará no 11 de maio, coa poda en verde, e no 31 de agosto coa poda de cerdeiras.

Este itinerario formativo tamén se compón da segunda edición do curso de enxerto, o cal arrancará no 3 de febreiro cunha clase teórica e outra práctica. Esta última clase práctica terá continuidade no 31 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.