Ana Pontón critica á Xunta por “poñer en risco a actividade marisqueira e pesqueira da ría de Noia ao permitir vertidos de San Finx”

17 Xaneiro 2024

A portavoz nacional e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, participou nun acto aberto en Porto do Son dentro dos actos públicos de precampaña, onde aproveitou a súa intervención para destacar algunhas das medidas para este concello e o conxunto da comarca que ten previsto desenvolver o Goberno que aspira a presidir. Entre outras cousas, avanzou o seu compromiso de que un goberno do BNG “non vai permitir nunca, nunca, que unha multinacional verta millóns de litros de auga contaminada da Mina de San Finx á ría de Muros-Noia como fixo o PP”, ao que acusou de “poñer en risco o pan de moitas familias, ademais de constituír este feito un atentado medioambiental”. Na súa opinión, “para o candidato Rueda son máis importantes os intereses dunha mineira australiana que o futuro de miles de familias que viven da pesca e do marisqueo”. A líder nacionalista dixo ter “moi claro” de que lado situarse: “Do lado da xente do mar, do lado das persoas que nesta comarca viven da pesca e do marisqueo”, aclarou para insistir a continuación en que, por iso, “como presidenta non permitirei nin un só vertido contaminante máis da mina de San Finx sobre a ría de Muros-Noia”.

Pontón tamén avanzou que “un Goberno liderado polo BNG porá en marcha un plan de xestión das rías, co obxectivo de reverter a perda de produtividade, e un seguro público que cubra as perdas eventuais pola caída da produción no sector marisqueiro”.

Así mesmo, avogou por “mellorar as infraestruturas da comarca, empezando polo transporte público, repoñendo as liñas suprimidas polo PP para facilitar a mobilidade da veciñanza”. A isto sumou o seu compromiso “de que a comarca non vai ser pasto do espolio eólico enchendo o territorio de muíños para que as eléctricas se sigan forrando mentres as familias e as empresas non ven ningún beneficio porque”, segundo indicou, “o Goberno que aspira a liderar desenvolverá un novo modelo eólico que porá a riqueza eléctrica do país ao servizo da maioría”.  

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.