Aguiño acolle este domingo 14 a quinta Milla Solidaria Heroínas de Sálvora

13 Xaneiro 2024

O concelleiro de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, presentaron este martes 9 de xaneiro a V edición da Andaina e Milla Solidaria Heroínas de Sálvora que se celebrará o vindeiro domingo 14 no Porto de Aguiño ás 11 da mañá. Na presentación tamén estiveron Abraham Carreira e Julia Rey Dios, de Cáritas Aguiño.

Segundo explicaron, a inscrición, cun custe de 5 euros, poderase realizar ata o vindeiro xoves 12, e tódolos fondos irán destinados a Cáritas Ribeira.

O concelleiro Xabier Vidal destacou que “a organización destas andainas non só representa unha actividade recreativa, senón que tamén desempeña un papel crucial no fomento da saúde e a cohesión comunitaria.” Pola súa parte, Fernando Abraldes agradeceu á Confraría de Aguiño “que este ano nos deixa o local da lonxa para tomar un chocolate con churros despois da andaina”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.