ADEGA advirte da necesidade de endurecer as normas contra os vertidos plásticos no mar

13 Xaneiro 2024

O presidente de ADEGA, Roi Cuba, tivo este sábado a oportunidade de trasladar a Malte Galle, eurodiputado da Comisión de Medio Ambiente e a Ana Miranda, eurodeputada do BNG, unha serie de reivindicacións mínimas para atallar novas crises ambientais provocadas polos contaminantes plásticos vertidos cada minuto ao mar. No decurso da súa visita, os membros do Parlamento Europeo puideron comprobar o desenvolvemento dos traballos de limpeza por parte do voluntariado coordenado por ADEGA na praia de Nerga (Cangas). Nun destes grupos de voluntarias, o presidente de ADEGA Roi Cuba trasladou aos MEPs as demandas da organización para reducir a incidencia dos accidentes marítimos sobre os ecosistemas costeiros e os recursos mariños.

As demandas de ADEGA:

-“A nível galego, o plano CAMGAL contra a contaminación mariña accidental que aprobou a Xunta é unha ferramenta mellorábel: non designa, por exemplo, portos refuxio, e a súa activación depende dunha decisión política e non a circunstancias obxectivas. Mais con todo, o que se precisaría é que se activara rapidamente (é un plano de continxencias), para poñer en marcha as medidas precisas e evitar que a contaminación chegue á costa, xa que despois é moito máis difícil actuar contra ela. Neste senso, a información pública veraz sobre accidentes/incidentes marítimos e a previsión/evolución dos posíbeis vertidos, zonas afectadas, etc. debería permear aos organismos administrativos e estar dispoñíbel permanentemente para o público, en tempo real ou cuase-real, como acontece por exemplo cos lumes forestais, que se poden visualizar a través da plataforma web EFFIS (European Forest Fires Information System) da Comisión Europea. A posta en marcha dun sistema de información en rede sobre este tipo de incidencias permitiría tamén que as ONGs e concellos recibamos as alertas ao mesmo tempo que os organismos administrativos responsábeis (Salvamento Marítimo -ministerio, Consellaría do Mar, Medio Ambiente…) o que sería de grande axuda para organizar con tempo as eventuais accións de voluntariado que puideran ser necesarias, chegado o caso.

-“No plano estatal, a resposta contra unha vertedura e a coordinación dos medios sería máis efectiva se dependera da administración autónoma e non do Ministerio. As competencias en vixilanza e salvamento marítimo non están transferidas a Galiza o que introduce un chanzo administrativo máis na cadea de decisións que debería ser o máis curta posíbel, alén de supoñer unha fonte de posíbel liorta política, como foi o caso”.

-“No plano europeo, cómpre que actuar en dúas direccións: a nível ambiental, desenvolvendo un regulamento que considere a estes materiais (pélets e granzas plásticas) como substancias contaminantes no transporte mariño (nestes intres non o son) de cara a tomar medidas na súa manipulación, tratamento, envasado…; e polo que atinxe ao transporte, establecer medidas máis estritas de control no seu trafego para evitar no posíbel perdas accidentais”.

-“No plano internacional sería importante que a OMI (Organización Marítima Imternacional, dependente da ONU) modificara o convenio MARPOL para asignar aos precursores plásticos en forma de pélet, escama ou po a categoría de mercadorías perigosas, para que tanto no empaquetado (máis resistente á rotura) como no etiquetado, carga, estiba e manipulación, as condicións foran máis estritas. Esta asunto comezou a discutirse nun comité de traballo en 2021 e aínda non se resolveu debido ás reticencias da industria química e as compañías de transporte marítimo”.

Outros artigos

Fin de semana con sol e temperaturas altas

Durante o sábado teremos os ceos moi abertos en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, chegando ós 26 graos. Os ventos soprarán do sueste frouxos en xeral, do nordés moderados entre Bares e Fisterra...

+

Actividades de Samaín en Ribeira

Os días 1, 2 e 3 de novembro en Ribeira teremos o Samaín organizado pola asociación cultural Alfaia e as Concellerías de Cultura e Mocidade de Ribeira con exposición de monstros no Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia) do 1 ao 03/11, exhibición...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...