“Acatamento de sentenzas” – José Manuel Pena

03 Xaneiro 2024

Cales son as responsabilidades das Administracións Públicas ou das entidades de dereito público ante o incumprimento das sentenzas xudiciais firmes? Con frecuencia sucede que, moitas administracións, entidades e organismos públicos, limítanse a demorar, no tempo, o acatamento das sentenzas xudiciais incorrendo nunha mala praxe e nun prexuízo económico para os seus asociados ou representados.

Cando ás administracións públicas se lles comunican as sentenzas firmes, algunhas, prefiren non acatar o cumprimento das mesmas, demorando os pagos e indemnizacións para logo ter que afrontar as condenas, cun interese máis elevados ou a posibilidade do embargo de bes, retribucións, subvencións e axudas públicas, prexudicando os intereses dos seus asociados ou representados, que na maioría dos casos somos todos os cidadáns.

Os membros dos equipos de goberno, xuntas directivas ou membros dos consellos de administración terían que responder cos seus propios patrimonios persoais, ante esas neglixencias e pasotismos institucionais. Non pode ser que se condene ao pago dunha indemnización e pola demora, a propósito e con mala fe, a entidade teña que abonar uns 80.000 euros a maiores. Quen paga esas irresponsabilidades? Pois os seguintes xestores, directivos ou responsables desas administracións, que é diñeiro de todos. Demasiado inxusto.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...