Abre Paso, a campaña de accesibilidade de Ambar, xa ten gañadores

09 Xaneiro 2024

A asociación inclusiva Ambar pechou o programa de actividades de 2023 coa campaña Abre Paso, unha iniciativa creada con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (o pasado 3 de decembro) cuxo obxectivo era reivindicar a accesibilidade nos espazos públicos de Ribeira e da comarca do Barbanza. Esta semana a asociación deu a coñecer no Facebook os nomes das persoas gañadoras do certame-campaña: olaiapr4 e fernandoaderitocl.

A iniciativa desenvolveuse nas redes sociais, onde se lanzou un convite a pendurar fotos ou vídeos que servisen de denuncia a todas esas zonas da nosa contorna que non contan coa debida accesibilidade. Cada material subido acompañouse co cancelo #abrepaso, etiquetando a asociacion.ambar e incluíndo a localización onde se atopa a zona rexistrada. Coa información que se recolla grazas a todas as persoas que colaboraron en Abre Paso realizarase un mapa no que se indiquen as zonas non accesíbeis e co que reclamar “que todas as persoas, con independencia das súas características, podan circular libremente polas súas vilas e os seus pobos”, sinalou Ambar na presentación da campaña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...