Abertas as inscricións da VII Andaina Concello de Rianxo

05 Xaneiro 2024

Para a comunidade de seareiras e seareiros dos deportes ao aire libre, informarlles de que xa está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición (a número sete) da Andaina Concello de Rianxo unha das grandes camiñadas da tempada na xeografía galega.

Será o vindeiro domingo 4 de febreiro. Grazas ao seu percorrido único de 22 quilómetros, poderemos desfrutar dalgunha das mellores paraxes do municipio e gozar, tamén, da paisaxe da ría da Arousa e das terras do interior. O prazo para formalizarmos a nosa inscrición na web Emesports remata o 31 de xaneiro, ou cando se complete a cota de prazas dispoñíbeis (150).

A andaina celébrase de xeito simultáneo que a XI Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada tamén pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Será como dixemos o domingo 4 de febreiro de 2024 con saída e
chegada no recheo do porto de Rianxo. A saída darase ás 09:00 h. A hora de remate de cada proba virá marcada polo percorrido elixido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.