A Xunta licita os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo ‘Life Insular’

04 Xaneiro 2024

A Xunta licitou por un importe inicial de 133.538,58 euros o servizo para a eliminación de especies exóticas invasoras nas illas Cíes, Ons e Sálvora do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, uns traballos que se centrarán nas dunas grises fixas e no seu hábitat de contacto co fin de garantir o seu estado de conservación favorable.

Cunha vixencia de 33 meses, este contrato enmárcase nos traballos que se están a desenvolver no marco do LIFE Insular, un proxecto transnacional cofinanciado con fondos europeos no que participan España e Irlanda e que ten como fin acadar a restauración integrada de hábitats insulares do Océano Atlántico.

Para lograr estes obxectivos, a iniciativa prevé executar sobre o terreo unha serie de actuacións centradas nos tipos de hábitats insulares 2130 e 4030, correspondentes ás dunas costeiras con vexetación herbácea e aos queirogais secos europeos (brezais).

A licitación que se acaba de publicar correspóndese con este tipo de traballos in situ e permitirá darlle continuidade aos labores acometidos xa no último ano e medio nos tres arquipélagos galegos sobre a flora terrestre exótica invasora (acacias, margarida africana, etc.) e que inciden de forma moi beneficiosa no estado de conservación dos hábitats antes mencionados.

En concreto, o servizo inclúe a realización de accións para a mellora da estrutura e funcionalidade de dous tipos de hábitats propios destas illas a través da eliminación e control, mediante métodos manuais, de flora invasora.

A empresa que se faga cargo do servizo, cuxa duración se estenderá desde a sinatura do contrato ata novembro do ano 2026, deberá dispoñer para a realización dos traballos programados dun mínimo de seis peóns especialistas e un responsable técnico ao fronte do equipo de campo.

Cómpre lembrar que o obxectivo principal do proxecto LIFE Insular é promover un estado de conservación favorable dos hábitats de illas pertencentes á Rede Natura 2000 no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático.

Neste sentido, búscase minimizar a medio e longo prazo o impacto de posibles perturbacións externas sobre as zonas de actuación —risco de vendavais, erosión eólica catastrófica…— e buscarase tamén unha recuperación da paisaxe natural destas illas co reto de reverter a situación á que había 70 anos atrás.

En concreto, ponse o foco de atención sobre oito Zonas de Especial Conservación (ZEC) localizadas en cinco illas que son —ademais das tres galegas xa citadas— La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.

A Universidade de Santiago de Compostela exerce o papel de coordinadora, mentres que o Goberno galego, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, se encarga da execución técnica, tal e como se recolle no convenio asinado en 2022 entre ambos organismos. Os outros socios que se benefician do proxecto europeo son o Organismo Autónomo de Parques Nacionais e, pola parte irlandesa, o Department of Housing, Local Government and Heritage e o Coillte CGA.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.