Para a semana remata o prazo da preselección do Programa Integrado de Emprego de Ribeira

05 Xaneiro 2024

Esta semana e a seguinte (as dúas primeiras semanas de xaneiro de 2024) son as últimas para a preselección do Programa Integrado de Emprego do Concello de RIbeira. As persoas interesadas poderanse achegar en horario de 8 a 14 ao Viveiro de Empresas. O requisito imprescindíbel para poder participar é estar dado de alta como demandante de emprego.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) de Ribeira ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade da cidadanía por medio de accións complementarias de orientación, formación e intermediación laboral.

As persoas interesadas poden adherirse ao programa en horario de 8 a 14 ou ben nos teléfonos 669150809/628557348.

“Este programa está dirixido a persoas con discapacidade, en risco de exclusión, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e persoas inmigrantes”, explicou recentemente a concelleira de Emprego, Veva Betanzos, engadindo que ao abeiro do programa levaranse a cabo formacións específicas e obradoiros para a busca de emprego, comunicación, habilidades sociais, preparación de entrevistas, emprendemento e mobilidade laboral. Entre as formacións, destacan cursos de inglés para o sector comercio, manipulador de alimentos, animación turística ou preparación e venda de peixe.

Segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, como medidas de conciliación “adaptaranse os horarios, combinando a orientación presencial coa telefónica e intentarase adecuar o horario ás necesidades das persoas participantes”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...