“A quen madruga…” – Xulio Xiz

09 Xaneiro 2024

A saber se en política é verdade que “A quen madruga, Deus o axuda” cando na vida “civil” iso é relativo, xa que por moito madrugar non amence máis cedo. O que esta claro é que o gobernante que madruga pode coller a alguén co pé cambiado.

Sánchez, reaccionando diante de resultados manifestamente mellorables, obtivo colleita menos dolorosa da temida e, aplicando maxia para moitos discutible, saíu triunfante do apuro.

Tamén Rueda madrugou. Pedíanllo nos desafíos que se lanzan para intentar marcar territorio, sabendo que a acción política ten os seus tempos e convocar eleccións é algo complicado, que hai que ter moi preparada a maquinaria, apertadas as filas, e poñer firmes os aparatos dos partidos para demostrar que cada quen merece o posto que ocupa na vida do país.

Pola Rede circula a primeira sondaxe que afirma que o PP mantería a maioría absoluta, o BNG sería a segunda forza, o terceiro posto sería para o PSOE e ninguén máis accedería ao Parlamento.

O madrugón de Rueda cabe supoñer que non supón risco para o PP, que mantén activa a maquinaria electoral despois da vitoria que resultou curta, nin para o PSOE que resolveu con relativa dignidade a anunciada catástrofe, e moito menos a un BNG en permanente estado de vixilia para mobilizar ao nacionalismo no país. Si resultou problemático para outras forzas que van ter dificil obter resultados presentables diante da imposible unión.

Rematada o día de Reis a especial tregua política, preparémonos porque aínda que moitos pensen que todo está controlado, para vender peixe, primeiro hai que ir pescalo nun mar que ten de todo menos tranquilidade.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...