A Pobra acolle unha actividade formativa sobre como sacar proveito das redes sociais no noso negocio

04 Xaneiro 2024

Como tirar o máximo proveito da nosa presencia nas redes sociais e reducir o impacto medioambiental da actividade diaria empresarial. Estas son as dúas premisas da acción formativa de balde dirixida a pequenas e medianas empresas (pemes), persoas autónomas e emprendedoras que organiza A Maruxiña. Comunicación & Marketing e Anacos Sostenibilidad coa colaboración da Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal.

Este Hub As Emprendedoriñas terá lugar no 13 de xaneiro, ás 17.30 horas, na Casa da Mocidade da Pobra.

Estrutúrase en emprendemento, sostibilidade, mercadotecnia e traballo en rede (networking).

O concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido, explicou que se trata dunha das primeiras accións cara a dinamizar o espazo municipal no presente ano, desta volta, mediante a capacitación dixital de negocios, se ben avanzou que a Administración local está analizando a viabilidade de implantar varios cursos en diferentes ámbitos nos vindeiros meses.

A actividade centrarase na creación dun feed visual para a rede social Instagram co obxectivo de maximizar as ventas das empresas mediante esta canle, ademais de posibilitar o establecemento de sinerxías entre o público asistente.

Non se require a inscrición previa.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.