“A muller, obxecto de agresión tamén no mar”. Antón Luaces

28 Xaneiro 2024

En España, a muller tardou anos en incorporarse oficialmente ao traballo no mar. Hoxe en día resulta relativamente doado velas enroladas e desempeñando labores en máquinas e ponte (especialmente na mariña mercante e a Armada) e xa comeza a non chamar a atención que patroneen embarcacións de pesca. Máis, desgraciadamente, o caso que nos ocupa ten máis que ver coa figura da muller que coa da traballadora a bordo.

 Mari Carme Fernández desapareceu dun dos buques adscritos ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CESIC). Pode ser unha das vítimas do acoso sexual neses buques, dado que hai casos nos que o protocolo non se aplica e, presumiblemente, se tapan nas denuncias. No caso de Mari Carme suponse que se tirou ao mar. Unha das demandas presentadas relata que un capitán obrigou a varias científicas a ver un vídeo pornográfico. 

Mari Carmen Fernández Vázquez tiña (ten?) 43 anos. O seu traballo a bordo do buque de investigación oceanográfica García del Cid, pertencente ao CSIC, dependente do Ministerio de Ciencias, era o de camareira. As pescudas sobre a súa desaparición o 10 de setembro de 2023 semellan estar estancadas: cinco meses dempois o corpo de Mari Carme no apareceu. E segundo o atestado da Garda Civil tan só se tomaron declaracións a 4 dos 16 tripulantes do buque e poderian non ter sido aínda analizadas as cámaras de seguranza do barco.

Mari Carme, nai de tres fillos, poido suicidarse guindándose ao mar á altura da costa de Gandía. Non se desbota que a morte fora acidental ou mesmo inducida. Non hai -ou non se atopou- nota de suicidio. A familia recibiu da Garda Civil unhas fotografías das últimas páxinas dunha axenda ou diario que Mari Carme escribía e onde evidenciou unha “certa tristeza”, un desánimo, e recollía unha pequena reprimenda dun superior por ter aberto mal un cartón de leite.

 De calquera xeito, semella que houbo algo máis trascendental pouco antes de zarpar o barco. O pasado 4 de setembro Mari Carme embarcou en Barcelona, onde o García del Cid ten base. O mesmo día chamou por teléfono ao seu home e tamén a un irmán seu aos que lles contou que a bordo do buque se atopaba o seu agresor, o mesmo compañeiro que ela denunciara pola ter violado en 2019.

Segundo informou o Diario Levante esa persoa estaría embarcada no buque na mesma viaxe na que Mari Carme desaparecera, estremo que un familiar negou sinalando que non fora confirmado polo momento.

Mari Carme é natural de Cangas do Morrazo e residente en Bueu. Está casada e, como xa se dixo, ten tres fillos. Traballa dende vai 5 anos como camareira no García del Cid. Durante este período pasara unha longa baixa por enfermidade e denunciara que outro compañeiro a acosaba. O caso foi arquivado en 2019.

Un domingo do pasado mes de setembro, ao non localizala no seu camarote e non dar resultado a súa busca no barco, avisóuse a Salvamento Marítimo, co que se realizou un operativo de rescate que non permitiu atopala.

Inicialmente falóuse dunha nota de despedida que ficaría no seu camarote e na que, en teoría, Mari Carme dicía que se quitaba a vida guindándose ao mar. Xente do seu entorno, sen embargo,  clarexou que o que se atopara foi en realidade un caderno de notas que usaba como diario persoal, no que quedaba patente un estado de desánimo.

O avogado da familia de Mari Carme Fernández dixo nos medios de comunicación que a agresión sexual “a destrozara”. Estivera dous anos de baixa, con tratamento psicolóxico., Denunciou a agresión sexual nun xulgado de Marín, que en 2020 arquivou a causa por un acordo entre as partes alegando que se tratara dun “malentendido”, comprometéndose ambos a non se tratar no futuro. Descoñécense as circunstancias nas que se asinou o devandito acordo. O CESIC, a cuxo cadro de persoal pertencía a muller desaparecida, estaba ao tanto do acordo, tal e como explicita un medio de comunicación. 

Existe a conviciòn de que o Xulgado de Instrución número 3 de Gandía, que investiga a desaparición da canguesa Mari Carme Fernández, recabará esa denuncia e o expedente do caso ao xulgado de Marín e así poder constatar que o CSIC non amparou á muller, nen a protexeu debidamente.

 Durante o período de baixa pola agresión sexual, Mari Carme pedira un cambio de buque. Non quería volver embarcar no García del Cid; pero a única resposta que recibiu foi un correo electrónico do Departamento de Dirección/Administración no que se lle informaba que debía incorporarse ao mesmo buque o 13 de setembro de 2022. Alegou Mari Carme non sentirse preparada para regresar. Foi sobmetida a un exame médico que determinaba que non era apta para volver ao traballo. En 2023, superados os problemas médicos e xa sen medicación, Mari Carme Fernández realizou, por indicación do CSIC, un curso sobre acoso sexual, sendo ela a vítima.

Os reiterados intentos da muller de acadar do CSIC garantías de proteciòn para evitar unha nova situación de acoso no traballo, non tivo resposta aos seus correos electrónicos. A vitima pediu medidas de proteción e o 4 de setembro, cando se incorporou ao seu posto de traballo após a baixa, atopóuse co agresor de novo como un máis dos tripulantes do García del Cid, o que confirmou o seu avogado, a quen Mari Carme contara por mail o acontecido.

O xeito de actuar do CSIC en relación con esta traballadora semella calcada -afirma, o xornal Público-a outros casos do mesmo ou parecido teor en polos menos unha vintena de denuncias internas, e algunhas no xulgado, por acoso sexual.

 O CSIC poido non ser todo o dilixente que debía, sendo unha traballadora do seu cadro de persoal. Entre os propios traballadotres hai chamados sobre estes casos que non pasan a engrosar as estatisticas -aduce o mesmo xornal- que fala de pasividade, inación e falta de perspectiva de xénero na tramitación das denuncias, termos que se barallan neste problema.

No mar, non só os vertidos contaminantes causan danos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...