A Mancomunidade Barbanza- Arousa participará en FITUR 2024 coa presentación “Viaxe a través dos sabores”

23 Xaneiro 2024

Barbanza Arousa presentarase na Feira Internacional de Turismo FITUR o próximo día 25 de xaneiro ás 16:15 horas apelando ás emocións dun destino por descubrir

A Mancomunidade Barbanza Arousa participará na próxima edición de FITUR 2024 cunha presentación no stand de Turismo de Galicia o xoves día 25 ás 16:15 horas.
Acompañando cun audiovisual, a Mancomunidade realizará unha presentación na que se reivindicará a posta en valor dos traballos vencellados ao mar como a conserva ou a salgadura, estreitamente ligados á riqueza enogastronómica do territorio.
“Viaxe a través dos sabores” pretende revalorizar tanto para os visitantes e turistas do destino como para a propia poboación local, a importancia que desde sempre tivo o mar e as actividades industriais unidas ao mesmo, coas excelencias gastronómicas que
se atopan no territorio.
O audiovisual que presentará Barbanza Arousa é un extracto do documental “Voces da Conserva”, estreado o pasado día 17 de xaneiro no Pazo de Goiáns. Esta produción audiovisual ven dar apoio documental e histórico ás diferentes accións que se están a
desenvolver no territorio a través do Plan de Sustentabilidade Turística, profundamente vencellado coa enogastronomía e os traballos e industrias que nos permiten, desde tempos antigos, desfrutar das xoias gastronómicas de Barbanza Arousa.
Preséntase polo tanto Barbanza Arousa como un destino no que a emoción das historias das máis antigas raíces do territorio poden ser desfrutadas a través dos seus produtos gastronómicos.
Este acto poderá seguirse en directo a través da web www.barbanzarousa.gal ou a través do Facebook de Barbanza Arousa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...