A inserción laboral centrará unha nova charla-formativa na Pobra

23 Xaneiro 2024

O concepto de Empresa de Inserción Laboral, o emprego nesta tipoloxía de entidades, a cualificación das persoas traballadoras delas e o proceso de creación das ditas sociedades son os catro piares sobre os cales se sustenta a charla-formativa As Empresas de Inserción Laboral como instrumento de inclusión social. Este coloquio impartirase no 26 de xaneiro, ás 11.00 horas, na Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal da man da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), a Concellaría da Promoción Económica e a cooperativa Dálle que Dálle.

A edil Amparo Cerecedo incide en que esta acción ten como finalidade “dar a coñecer esta alternativa de inserción no mercado laboral, especialmente pensada para colectivos de persoas en risco de exclusión social, polo cal tamén constitúen un instrumento con grandes potencialidades na loita a prol da cohesión social”. Non se require a inscrición previa.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.