A conselleira de Medio Ambiente di que a chegada de bólas plásticas ao Parque Nacional é “testemuñal”

08 Xaneiro 2024
Operativo da Xunta na praia do Vilar

En reposta ás preguntas sobre os medios mobilizados pola Administración autonómica dirixidos a afrontar a crise dos pellets plásticos nas nosas praias (medios que a oposición, as entidades ecoloxistas, as confrarías e boa parte do voluntariado ambiental cualifican de serodios e escasos), a Xunta anunciou que ten activo un operativo medioambiental integrado por máis de 200 persoas nas praias galegas co fin de retirar “coa maior axilidade posíbel os restos de pellets plásticos procedentes de Portugal que están a chegar ao litoral nas últimas xornadas”, segundo informou a Consellería de Medio Ambiente.

A vicepresidenta segunda Ángeles Vázquez desprazouse este luns 8 de xaneiro até o concello coruñés de Ribeira coa intención de supervisar o dispositivo humano despregado en Sálvora para a vixilancia e retirada dos restos plásticos (que cualificou de “testemuñais”) que se detectaron na illa, aínda que, finalmente e debido ás malas condicións do mar, non foi posíbel desembarcar.

Tras enxalzar o labor realizado por axentes ambientais e vixiantes así como polo persoal de medios propios mobilizado no marco do operativo especial de detección e retirada de pellets nas praias galegas, a vicepresidenta avanzou que “as análises encargadas pola Xunta a semana pasada para coñecer con exactitude a composición do material que está a chegar á costa, tanto en sacos como en forma de restos dispersos, constatan que se trata de polietileno, un dos plásticos de uso máis común”.

Acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e mais o director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández-Bouzas, Vázquez Mejuto explicou que xa se dispón das primeiras conclusións do informe encargado a CETIM (Centro tecnolóxico de investigación multisectorial), realizado a partir da análise das mostras recollidas nos últimos días.

“Temos a confirmación de que non é perigoso, pero si é plástico”, declarou Ángeles Vázquez, quen insistiu na necesidade e urxencia de que o Goberno central remita de inmediato “a ficha técnica do produto” que transportaba o mercante Toconao nun dos contedores que caeu ao mar mentres navegaba por augas portuguesas.

Así mesmo, incidiu en que “todas as administracións” deben facer “o esforzo necesario para realizar a recollida organizada, consensuada e con sentidiño” dos restos que chegan á costa, lembrando, ademais, que no caso de espazos naturais protexidos e zonas Rede Natura “débense solicitar os correspondentes permisos aos departamentos autonómicos competentes”.

En concreto, no Parque Nacional, informou de que “polo momento só se produciu a chegada de pellets plásticos dispersos na zona norte de Sálvora, concretamente na praia de Area dos Cans, e en Ons, nas praias do Almacén e dos Bois, sen que se constatara afección no caso das illas de Cíes e Cortegada, ata o de agora”.

Segundo indicou a vicepresidenta, a presenza tanto en Sálvora como en Ons deste material “é testemuñal” e se “está a proceder á súa retirada con medios propios”. Concretamente traballa nesta tarefa unha ducia de vixiantes e persoal adscrito ao Parque Nacional, que permanece mobilizado nos catro arquipélagos realizando labores de recollida e vixiando a posíbel chegada de novos microplásticos aos areais do espazo natural.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...