A cidadanía pobrense reciclou máis de 36 toneladas de téxtil en 2023

17 Xaneiro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal fixo un novo balance da actividade de reciclaxe téxtil levada a cabo a nivel local en 2023 e impulsada dende o Consistorio e as entidades solidarias coa importante colaboración da cidadanía. Segundo se explica no balance, os colectores para o téxtil distribuídos pola xeografía da Pobra rexistraron 36’38 toneladas de roupa e calzado no pasado ano. Constátase, polo tanto, un lixeiro incremento con relación a 2022, cando a cifra se situou nas 35’23 toneladas.

O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explicou que se dispón dunha ducia de contedores para a recollida selectiva deste residuo “co obxectivo lle de dar unha segunda vida a aquela vestimenta que xa non se usa e contribuír así á separación na orixe para evitar que acabe no xenérico”.

Piñeiro engadiu que “unicamente está permitido o depósito de pezas de orixe doméstica: roupa do fogar, de vestir, complementos, calzado e outros elementos con compoñentes téxtiles, como peluches”.

As entidades que efectúan a recollida son a empresa de inserción sen ánimo de lucro Arroupa (cor vermella), unha iniciativa promovida por Cáritas, que dispón de contedores na Virxe do Monte, O Xobre, A Angustia e Caíños. Humana (cor verde) ten presenza na rúa Gasset, na rúa Rafael Dieste, na rúa San Lázaro e en Caíños. E Texlimca (cor azul) conta con puntos na rúa Díaz de Rábago, no recheo, no paseo dos Areos e na rúa Venecia-Pintor Laxeiro.

Cáritas rexistrou o maior volume, con 15’10 toneladas no total, seguida de Humana, con 13’66, e de Texlimca, con 7’62.

A finalidade das pezas de roupa que saen destes colectores é diversa, ben sexa con fins sociais ou para a fabricación de materia prima para outros produtos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...