A Carpa Solidaria acolle esta semana mercados de Nadal, festivais musicais e unha minidisco

02 Xaneiro 2024

A Carpa Solidaria de Boiro, localizada na céntrica praza de Galicia, será esta semana o epicentro da actividade cultural e festiva da localidade boirense. Haberá un Mercado de Nadal (até mañá), baile e música tradicionais, espectáculos para público infantil e mesmo un concerto de música cinematográfica a cargo do conxunto Deby Silva Quartet.

Achegamos a axenda cultural de Boiro para esta semana:

MERCADO DE NADAL
Data: martes 2 e mércores 3
Hora: martes de 17 a 20 horas e mércores de 11 a 14 e de 17 a 20 horas
Lugar: Carpa Solidaria
Descrición: mercado de Nadal con postos solidarios e de artesanía

MÚSICA E BAILE TRADICIONAL NO NADAL
Data: martes 2 de xaneiro
Hora: 18.30 horas
Lugar: Carpa Solidaria
Descrición: actuación de Abeloura e Aroña

MINIDISCO BARAFUNDA
Data: mércores 3 de xaneiro
Hora: 12.00 horas
Lugar: Carpa Solidaria
Descrición: Minidisco Barafunda, un espectáculo para público infantil

MÚSICA E BAILE TRADICIONAL NO NADAL
Data: martes 2 de xaneiro
Hora: 18.30 horas
Lugar: Carpa Solidaria
Descrición: actuación de Xilbarbeira e Os de Abanqueiro

AS RAÍÑAS MAGAS NAS PARROQUIAS
Data: xoves 4 de decembro
Hora: —
Lugar: parroquias de Boiro
Descrición: as Raíñas Magas visitan as parroquias.

ACTUACIÓN: DEBY SILVA CUARTET
Data: xoves 4 de xaneiro
Hora: 21.00 horas
Lugar: Carpa Solidaria
Descrición: Concerto de Deby Silva cuartet – Música de cine.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.