A Aula CeMIT de Ribeira impartirá novos cursos tecnolóxicos nos meses de febreiro e marzo

15 Xaneiro 2024

O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este luns 15 de xaneiro os novos cursos de dixitalización cidadá que se impartirán na Aula CeMIT durante os meses de febreiro e marzo. O primeiro será de Ofimática con Libreoffice, a impartir do 5 de febreiro ao 27 de marzo; os luns e mércores de 9:30 a 11:00, no que se ensinarán conceptos básicos para operar con procesadores de texto, follas de cálculo e diapositivas.

O segundo curso será de Competencias Básicas Dixitais e celebrarase do 5 de febreiro ao 27 de marzo en horario de 11:30 a 13:00 os luns e os mércores. “Esta actividade formativa estará destinada a familiarizar ás persoas asistentes co entorno de traballo e as xanelas do sistema operativo, aprender a xestionar arquivos e cartafoles e a crear e editar contidos básicos con editores de texto, follas de cálculo e presentacións”, explicou Suárez-Puerta.

Por último, realizarase tamén un curso de Certificado Dixital – Sede Electrónica, do 13 ao 22 de febreiro, co propósito de “solicitar, renovar ou anular o certificado dixital”.

O Concello tamén realizará unha formación gratuíta en transformación dixital para pemes (pequenas e medianas empresas), emprendedores e persoas autónomas con novos módulos de turismo. “Aquí ensinaranse ferramentas e servizos de comercio electrónico, Administración Electrónica e mercadotecnia dixital. As formacións lévanse a cabo a través de sesións en liña ou presenciais de 90 minutos e adáptanse a todos os niveis, desde básico a avanzado”, explicou o concelleiro.

As inscricións para estes cursos poderanse realizar dende este luns 15 a través do tlf 981876043 ou ben no correo cemit.ribeira@xunta.gal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...