A Asociación de Empresarios de Ribeira comparte a listaxe de números premiados (e suplentes) na súa Campaña de Nadal

10 Xaneiro 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira celebrou este mércores 10 de xaneiro, pola mañá, o sorteo público da súa recente Campaña de Nadal. Contouse coa presenza da notaria Covadonga Vazquez López, ademais, da do presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e, por parte do Concello, de Mª Herminia Pouso, concelleira delegada de Economía e Facenda.

A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, no marco das súas accións directamente encamiñadas a fomentar o comercio local, organizou este ano a Campaña de Nadal 2023-2024, cuxo obxecto foi motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente, obsequiándoo con boletos que lle deron opción a gañar os premios do sorteo.

“Estes obsequios serven de estímulo para incrementar as compras no noso concello”, explicou o presidente da patronal ribeirense, Francisco Martínez, destacando tamén a gran variedade de sectores que concorreron na campaña: moda, deportes, complementos, zapaterías, salóns de peiteado, decoración, seguros, talleres e venta de vehículos, ferreterías, restauración e hostalería…

A promoción celebrouse entre os días 1 de decembro de 2023 e o 6 de xaneiro de 2024, inclusive.

Os premios son unha viaxe valorada en 2.500 euros, onde o agraciado ou agraciada poderá elixir o lugar e os acompañantes co límite máximo da dita cifra, e 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios da seguinte maneira:

1-Tres vales de compra por importe de 300 euros.

2-Seis vales de compra por importe de 250 euros

3-Dez vales de compra por importe de 100 euros

4-Trinta e dous vales de compra por importe de 50 euros.

Cada establecemento comercial colaborador obsequiou aos seus clientes cun boleto por cada 10 euros de compra. Ademais, os establecementos participantes repartiron preto de 10.000 tíckets de parking entre os seus clientes durante o Nadal para facilitarlles o estacionamento mentres realizanban as súas compras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.