A aseguradora do “Toconao” contrata a persoal de Ribeira para a limpeza de praias do concello

16 Xaneiro 2024
O alcalde Luís Pérez Barral e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, nunha recollida de granulados a pé de praia e coas primeiras traballadoras contratadas para a limpeza das praias


O Concello de Ribeira pechou coa aseguradora da empresa armadora do buque Toconao, responsábel do vertido de granulados plásticos que asola a costa galega dende hai un mes, un plan de limpeza do bólas contaminantes que se depositan nas praias do municipio tanto as que teñen unha exposición máis directa ao Atlántico como as do interior da ría. O equipo de Goberno chegou a un entendemento coa empresa Ardentia Marine para que se contrate aproximadamente a 25 veciños e veciñas de Ribeira para realizar ese labor de limpeza dos areais.

Dende o 13 de decembro retiráronse 82 sacos enteiros de distintas zonas costeiras do municipio. “Este luns, sen ir máis lonxe, chegaban 4 sacos á zona do Corgo en Corrubedo que foron retirados pola Brigada Municipal de Emerxencias. Esta brigada segue a
monitorizar o litoral tódolos días, tanto a pé como co uso dun dron, para retirar o granulado plástico que chega aos nosos areais.” afirmou o alcalde Luís Pérez Barral, engadindo que “o Concello chegou a un bo entendemento coa empresa aseguradora para que contrate a xente da localidade en labores de limpeza, permitindo xerar postos de traballo e retirar de maneira inmediata ese material contaminante das praias”.

Estas tarefas de limpeza, sinalou, durarán o tempo necesario para a retirada de tódolos granulados plásticos. A entidade pon a roupa (chaqueta e mono) e a ferramenta necesaria para estas tarefas. O horario sería de 8:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 18:30 horas.

As persoas interesadas en traballar nas xornadas de limpeza deben enviar nome e apelidos, número de teléfono e dispoñibilidade ao enderezo electrónico hr@ardentia.com.

“Estamos traballando na limpeza dese material pero tamén estamos facendo unha estimación dos gastos que deberá afrontar a empresa aseguradora porque temos mobilizado persoal municipal para as tarefas de limpeza e vixilancia dende o pasado decembro” explicou o rexedor. Tódolos sacos e pélets recollidos estanse a almacenar na nave municipal e “estamos en contacto coa Xunta para ver como se pode procesar este material contaminante”. concluíu.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.