A AEP entrega o premio de 500 euros da súa Campaña de Nadal

09 Xaneiro 2024

A Asociación de Empresarios de Portosín (AEP) entregou o premio da súa Campaña de Nadal, un premio de 500 euros para investir en produtos e servizos dos establecementos de proximidade da vila. O sorteo realizouse este 7 de xaneiro na Casa da Cultura de Portosín, foi unha cita aberta á participación de toda aquela persoa que quixese asistir. A papeleta foi selada no establecemento de Agrícola Rodríguez. A AEP agradeceu a implicación da veciñanza co pequeno comercio de Portosín. De feito, o obxectivo da Campaña 2023-24 da patronal foi impulsar a actividade comercial na vila durante as pasadas festas de Nadal ao tempo que se premiaba e recompensaba a fidelidade de veciños e visitantes co sector local. A campaña estivo aberta até este 6 de xaneiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...