Xarope Tulú leva a Porto do Son o seu espectáculo “Estrafalaria”, unha proclama ao respecto pola diversidade

13 Decembro 2023

O Concello de Porto do son, a través da área municipal de Cultural, programou para o 17 de decembro, domingo, un espectáculo para a rapazada. Trátase da función Estrafalaria, unha proposta da agrupación Xarope Tulú que visualiza a importancia do respecto á diversidade, cuestión imprescindíbel, en palabras dos creadores da obra, “para vivirmos nun mundo onde predomine a tolerancia, a diversidade e a convivencia”.

Será ás 17.30 horas na Casa da Cultura de Portosín.

Estrafalaria é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente do relato. Os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.