Unha persoa foi excarcerada do interior do vehículo no que sufriu unha saída de vía en Pobra do Caramiñal

20 Decembro 2023
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Ribeira xunto con A D C Bombeiros Boiro veñen de rescatar unha persoa atrapada en accidente na AG-11 ao seu paso polo Concello da Pobra.

Un aparatoso accidente rexistrado na autovía de Barbanza preto das 17.30 da tarde deste mércores saldouse cunha persoa ferida de consideración. Trátase do condutor do único vehículo implicado no sinistro, un Seat Altea que se saíu da vía á altura da Pobra e deu varias voltas de campá antes de acabar fóra da calzada semivolcado.

O único implicado no accidente, que era incapaz de abandonar o vehículo polos seus propios medios, foi trasladado ao Hospital do Barbanza.

Faltaban uns minutos para as 17:30 horas da tarde cando o 112 Galicia recibiu o aviso de diferentes particulares informando do accidente ocorrido na AG-11, no quilómetro aproximado 35, na Pobra do Caramiñal. Segundo a información recollida polos xestores do 112 Galicia o coche quedou fóra da vía tras dar varias voltas de campá.

Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia e aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, os cales tiveron que empregar o seu material de excarceración para liberar ao único ocupante do vehículo.

Cabe destacar que tamén foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil de Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.