Un relato sobre o Pazo de Goiáns obtén o terceiro posto do certame #HoxeEscriboEn da Deputación

20 Decembro 2023

A Biblioteca Provincial acolleu este mércores 20 de decembro a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn 2023. O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e a deputada de cultura, Natividad González, achegaron os galardóns ás persoas gañadoras: no primeiro posto, María Luisa Vidal Collazo, por Estou aquí, un relato referido a Ponteceso; no segundo, Diego Fernández Fernández, por O desencravo, sobre Betanzos, e no terceiro María José González López, por El pazo de Goiáns, de Boiro.

O xurado, formado polo vicepresidente Xosé Regueira; as vogais Patricia Cernadas Novo e Paula Cabado Brea e a secretaria Carmen María Ferreiro Villaverde, Bibliotecaria e directora da Biblioteca provincial, elexiu Estou aquí como relato gañador “por ser un texto lírico que expresa con gran beleza os sentimentos e as emocións, co mar como parte da identidade”. No caso de O desencravo, por utilizar a ironía e o humor, destacando polo seu estilo fluído e a orixinalidade. E El pazo de Goiáns por transmitir fantasía, coidada prosa e evocar un mundo onírico.

O certamen #HoxeEscriboEn, convocado pola área de Turismo en colaboración coa Biblioteca provincial, premia ás persoas gañadoras con estadías e experiencias en cabanas e establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade.

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, contribuíndo a sensibilizar sobre os recursos naturais, culturais e medioambientais de cada un, e a importancia de preservalos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.