“Un acordo “histórico” non exento de histeria”. Antón Luaces

15 Decembro 2023

É evidente que o petróleo é un combustible fósil. Como o son os gas ou o carbón entre outros aos que a sociedade mundial  non pode renunciar sen máis, agora mesmo.  Pero é necesaria a renuncia a eles porque neles están as orixes do quecemento global. E ata o de agora as conferencias a respecto do clima non falaron nada de pór remate á subministración deses combustibles, senon de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (sen nomear a fonte desta).

O anunciado consenso dos Emiratos Árabes Unidos abriu finalmente esta cuestión  implementando -como dixo Sultan al-Jaber- “un sólido plan de acción para manter o quecemento global en 1,5 graos centígrados  por riba dos niveis pre industriais. É un plan equilibrado que aborda as emisións de gases de efecto invernadoiro”. Un plan que, ao parecer, ten o mérito de retomar os compromisos do Acordo de París e seguir apostando á neutralidade  do carbono en 2050 (Váiche boa).

Varios países defenderon  ao comezo da COP 28 unha saída dos combustibles fósiles; pero os países exportadores de petróleo inclináronse por falaren dunha diminución. E finalmente, o mércores pola noite , os coñecidos como “diplomáticos climáticos” sacaron da chisteira o termo “transición”, que satisfaciu a todos e que se pode traducir como saída gradual para acadar a neutralidade de carbono para 2050, algo que nunca veremos moitos dos que esto escribimos ou lemos.

O acordo, sí, marca o principio da fin do petróleo; máis non respalda a esperada saída dos combustibles fósiles. Nomeadamente, non estabelece obxectivos comúns: cada país é libre de contribuir á súa maneira de acordo cos esforzos que estea disposto a realizar.

Esta falta de decisións preocupa aos defensores do medio ambiente. Tamén á alianza de pequenos estados insulares que, como dixo un dos seus representantes, “demos un paso adiante desde a statu quo, pero é un cambio exponencial o que realmente necesitabamos”.

Entre os éxitos desta Cop 28 debe mencionarse o fondo de perdas e danos, sentado desde un principio. Debería permitir compensar aos países en desenrolo que xa están a padecer os danos do cambio climático.

As primeiras contribucións financeiras seguen a ser irrisorias: 655 millóns de dólares, cando se necesita mil veces máis esta cantidade. Pero Fanny Petitbon, xerente de incidencias e experta en clima de CARE France afirmou que “esta é una verdadeira victoria após 30 anos de bloqueo por parte dos países ricos”.

O acordo tamén fixa o obxectivo de triplicar as enerxías renovables e duplicar o ritmo das melloras de eficiencia enerxética para 2030. Non se dixo nada dos fondos para financialo. Queda para a próxima Cob (a celebrar en Rakú, Azerbaiyán). Será onde saian os medios que garantan esta transición enerxética.

É de esperar.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.