Ribeira acolle os días 16 e 17 o I Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol

15 Decembro 2023
Presentación do I Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol nunha fotografía de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)


A concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, presentou este 12 de decembro, xunto a Ánxela Vidal, profesora
do Conservatorio Musical de Música de Ribeira, o I Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol que terá lugar na cidade os vindeiro 16 e 17 de decembro.

Segundo fixeron saber, este seminario está integrado dentro dun proxecto de recuperación da gaita de fol para a música de cámara e centrarase no repertorio composto antes de 1800. O profesor titular será Paulo Gonçalves, especialista de música antiga de Galicia, e o propósito será o de “brindar unha educación sobre o repertorio estilístico desta etapa.” segundo explicou a profesora Vidal.

O seminario terá dúas modalidades, unha activa para as persoas que queren asistir ao curso tocando e contará cunha hora individual co profesor, e a modalidade oínte, aberta para tódalas persoas, sexa músicos ou non. O prazo de inscrición remata este mércores 13 e poderase facer a través dun formulario na páxina web do conservatorio municipal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.