Recta final na Pobra para unha festa de fin de ano que comeza ao mediodía na contorna do Consistorio

29 Decembro 2023

Entre os concellos galegos que van adiantar este ano a festa de fin de ano atópase o da Pobra do Caramiñal. A festa adiantada concentrarase nas inmediacións da Casa Consistorial, que vivirán ás 12.00 horas as badaladas ao mediodía para recibir o 2024 presentadas por Tania Fuegho. Repartiranse uvas e cotillón.

Ao acto asistirán membros da corporación municipal baixo a presidencia do alcalde, José Carlos Vidal, e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, xunto co seu homólogo da Mocidade, Eloy Sobrido, explicou os días pasados que este formato de celebración vén dado para “lles ofrecer tamén a grupos de idade que non saen pola noite unha alternativa para vivir este festexo en conxunto toda a veciñanza”. Xa a partir das 11.30 horas haberá un DJ animando o ambiente, ademais de levarse a cabo o reparto das uvas e do material de cotillón. E, arredor das 13.00 horas, a charanga Os Festicultores levará a música a todo o núcleo urbano, coa saída dende as inmediacións do Consistorio.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, a Casa da Mocidade converterase no escenario dunha festa xuvenil con DJ e, á noite, o toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán pasará a ser o foco de reunión coa celebración do Aninovo coa Discomóvil Chocolate, das 01.00 horas en diante. Como xa é habitual, non faltarán o cotillón, o photocall e a barra.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.