Prognóstico grave para o menor ferido no accidente de Noia no que perdeu a vida o seu irmán

26 Decembro 2023

O estado de saúde do menor, que sobreviviu ao sucesos no que morreu o seu irmán, é grave e que o seu estado é crítico.

Os feitos, dos que informamos en “obarbanza.gal” ocorreron a noite do 24 de decembro nunha saída de vía en Carracido, na parroquia noiesa de Barro en Noia. Os dous ocupantes do coche quedaron atrapados e tiveron que ser excarcerados.
O menor ferido nun accidente de tráfico en Noia , no que faleceu o seu irmán, segue grave e en estado crítico.

Por outra banda o funeral do mozo de tan só 25 anos que faleceu en Noiteboa sobre o asfalto a escasos metros das súas casa na Barquiña, congregou a decenas de persoas na igrexa de San Martiño.

Veciños procedentes de todas as localidades dos arredores, membros da Escuadra Berberecho, amigos e, sobre todo, familiares acudiron en masa ás exequias.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.