“Pechando portas”. Xulio Xiz

20 Decembro 2023

  Diante dun local pechado, dóeme o fracaso que supon para unha persoa, unha familia, investir diñeiro, traballo e ilusión nun negocio que, podendo ser solución de futuro, resulta un  fracaso rotundo.

    Hai comercios que pechan porque o titular, cumprida a etapa laboral, da por rematada a vida do negocio. Se as circunstancias fosen outras, a venda ou traspaso do local sería excelente complemento para a xubilación, pero agora mesmo esta posibilidade é difícil.

     A maioría dos peches non son por xubilación senón por frustración, porque a iniciativa non é rendible, e a ubicación do negocio non garante resultados, que se pode pechar en Camiño Real ou  Progreso, Rúanova ou Nóreas, se ben hai espazos especialmente afectados.

    Hai zonas nas que os comerciantes se agrupan contra as dificultades, e Lugo Monumental é  exemplo perfecto de atención á problemática comercial e cidadá no recinto amurallado. Pero o fenómeno dos peches parece irreversible diante do atractivo das grandes superficies, o declive dos comercios de barrio e as inclemencias económicas.

    A peonalización acelerada convertirá ao centro nun paraíso para os camiñantes, como outras zonas o son para os ciclistas do futuro, pero o fervor dos lucenses que acoden a mercar en Duquesa de Lugo,  cos carriños da compra ata o coche, e no coche para a casa, queren dicirnos algo.

    O centro vai ser un paraíso para o comprador que non vive no centro ata que cargado de paquetes, en rempo desapacible, volva ao seu domicilio. Seguro que hai razóns máis fondas para que peche o pequeno comercio. Seguro que moitos as coñecen. Só falla que alguén as teña en conta á hora de planificar e decidir.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.