Outes acolle este xoves un concerto de Nadal a cargo de Uxía, Sèrgio Tanus e Santiago Cribeiro

29 Decembro 2023

Proseguen en Outes as actividades culturais vencelladas a estas festas do remate do ano. Este venres 29 de decembro, ás 12:00 horas, celebrarase no auditorio da Casa da Cultura un concerto de Cantos e contos de nadal, interpretado polo trío formado por Uxía (voz e percusión), Sèrgio Tanus (guitarra, viola caipira, cavaquiño e percusión de man) e Santiago Cribeiro (acordeón).

Segundo informou a Área de Cultural do Concello de Outes que dirixe Anxo Nuñez, “o trío ofreceranos un concerto para público familiar con repertorio propio do Nadal”. E engadiu: “Con eles darán a coñecer panxoliñas tradicionais e outras de nova creación que os participantes poderán recordar e aprender para cantar despois na casa”.

A actividade encádrase na programación cultural do Concello Nadal en Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.