O V Torneo de Xadrez do Nadal Concello da Pobra disputarase no 30 de decembro

26 Decembro 2023

O Liceo Pueblense converterase no 30 de decembro, a partir das 11.00 horas, no escenario do V Torneo do Nadal Concello da Pobra que organiza o Club Deportivo Marquiño coa colaboración da Concellaría dos Deportes.

Trátase dunha cita que, nas palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, busca promover o xadrez cunha xornada específica por ocasión do Nadal.

Repartiránselles premios aos/ás tres primeiros/as clasificados/as; ao/á primeiro/a sub-12, sub-10 e sub-8; aos/ás tres primeiros/as clasificados/as locais; e o premio participativo.

As inscricións formalizaranse no enderezo electrónico xadrezbretema@gmail.com.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...