O PP de Ribeira rexeita que se antepoña a dedicación do POS+ 2024 a gasto corrente “en detrimento de actuacións nas parroquias”

20 Decembro 2023

O Partido Popular de Ribeira emitiu un comunicado no que mostra o seu rexeitamento “a que o tripartito pretenda antepoñer no POS+2024 da Deputación da Coruña a súa dedicación a gasto corrente, en detrimento de apostar polos servizos básicos nas parroquias tal e como sempre se fixo con este Plan Provincial”. Este comunicado foi emitido ante as manifestacións do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, nun acto celebrado a semana pasada con deputadas provinciais do BNG, no que se atopaban tamén outros membros do tripartito. Segundo di o PP de Ribeira, o rexedor afirmou que a intención é conseguir que “as arcas non estean nunha situación tan delicada como as deixou o goberno anterior”. Para os populares, “é sorprendente que o tripartito faga estas aseveracións cando vén de aprobar unhas contas de 37 millóns de euros nas que o aforro corrente é superior ao gasto corrente, cun aforro neto de máis de 3 millóns e medio de euros”. O PP di tamén que “só en dúas ocasións o Concello dedicou parte do POS a gasto corrente, pero sempre recorrendo ao POS adicional con partidas que en ningún caso chegaron a un terzo do total; o POS sempre foi un desafogo para o Concello á hora de realizar investimentos primordiais para todas as parroquias, priorizando a posta en marcha de servizos esenciais como a auga e o saneamento nos lugares onde aínda carecen dos mesmos, así como necesidades que nos marcaba a veciñanza a través dun proceso participativo que o anterior executivo puxo en marcha para dar voz a todos os veciños e veciñas do municipio á hora de elixir as actuacións que se consideraban de maior interese para as súas parroquias”.

Para os populares de Ribeira, “a decisión de dedicar a gasto corrente o POS, atribuíndose a opción de convertelo en inversión sen render contas a ninguén, é unha nova mostra da opacidade na forma de gobernar do Goberno tripartito, fronte aos veciños e fronte ao partido maioritario do Concello, ao que pretende calar: algo que se está a converter nun xeito habitual na forma de traballar do tripartito ribeirense”.

E engaden: “Dende o Partido Popular insistimos na necesidade polo ben de Ribeira de aportar a nosa experiencia de xestión nos asuntos relevantes que deixamos comezados. E mesmo en todos eses proxectos que van a poder ser unha realidade grazas a esa débeda coa que eles insisten unha e outra vez. Ou acaso queren renunciar ao club de deportes náuticos? Á biblioteca municipal? Aos fondos europeos que con tan bo criterio foron adxudicados a Ribeira como exemplo de xestión? Recordarlle ao goberno tripartito que se o anterior goberno foi capaz de acudir á débeda na lexislatura pasada estando en minoría foi grazas aos votos dos seus grupos única e exclusivamente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.