O nadal na nova edición dobre impresa de “O Barbanza” (decembro) cunha ampla axenda de actividades

23 Decembro 2023

Un novo número de “O Barbanza” sae do prelo nunha edición impresa dobre, a 55 e 56. A publicación xa en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos de nadal. Nesta edición facemos un parte de obras, proxectos e eventos, adiantamos actividades culturais e de dinamización comercial de cara a este tempo de festas e facemos resumen das novedades literais.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 6.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos, descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario na nosa rediseñada web “obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.189 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, colaboracións denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.

As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

O próximo número da nosa publicación impresa sairá a mediados de decembro cun especial nadal. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.