O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), vai celebrar o vindeiro venres 15 de decembro a inauguración oficial dunha nova exposición: Homenaxe a Carlos Oroza. Nelson Villalobos. Será o próximo venres ás 20.00 h na sala 2 do Museo do Gravado.
A mostra poderá verse entre o 15 de decembro de 2023 e o 17 de febreiro de 2024. A exhibición, segundo informa a dirección do Museo, reúne 40 pezas serigráficas e fotógráficas do artista cubano afincado en Galicia, Nelson Villalobos.
Durante o acto presentarase o libro-catálogo que inclúe por primeira vez a edición en Galicia do poemario A chama emprestada / La llama prestada en tradución portuguesa de Carlos L. Bernárdez.




