O Museo das Minas de San Finx (Lousame) mantén o seu horario no Nadal e pechará os días 24, 25, 29 e 31 de decembro, así como 1 e 6 de xaneiro

21 Decembro 2023

O Museo das Minas de San Finx, situado en Lousame, manterá durante o Nadal o seu horario de inverno habitual, coa excepción dos días de Noiteboa, Nadal, Aninovo, Reis e o venres 29 de decembro. Así, as instalacións estarán abertas en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá tanto horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As instalacións estarán pechadas os luns e os martes.

A visita é libre, salvo para grupos de máis de 10 persoas nos que é preciso reservar praza chamando ao 679 583 332 ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com. Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media. O custe xeral por entrada é de 2 euros.

As persoas que se acheguen polo poboado mineiro contarán co asesoramento e guía da técnica do Museo das Minas de San Finx, que lles dará a coñecer tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

A visita inclúe un percorrido polo centro de interpretación, onde se pode ver tanto unha maqueta a escala das minas como distinta documentación e trebellos relacionados coa traballo das minas e coa época, dende o propio volframio ata teléfonos antigos, peneiras, imaxes antigas… Ademais, tamén se visitan os distintos inmóbeis do poboado mineiro (edificio de compresores, enganche eléctrico, armazón do pozo novo…) onde se poden contemplar os equipos que se utilizaban na extracción do mineral, algúns deles en perfecto estado de uso como compresores, cabrestantes, forno de fundición de estaño, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.