O enxeñeiro químico Bruno Calo participa este xoves nas charlas Talento de Outes polo Mundo

26 Decembro 2023

Este xoves 28 de decembro volven as charlas de Talento de Outes polo Mundo. Será ás 20.30 horas, na cafetería da Casa da Cultura da Serra de Outes. Desta volta, a cita divulgativa será co veciño do concello Bruno Calo Fernández, doutor en Enxeñaría Química, formado na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Cambridge, ten traballado en firmas punteiras do sector como Basf, Idom, Genentech e AstraZeneca. O investigador Bruno Calo falará sobre sustentabilidade nunha actividade divulgativa que virá con formato de charla-vermú. Organiza o Concello de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.