O Concello de Ribeira incrementará os policías operativos durante o mes de decembro

07 Decembro 2023

Ante a proximidade das festividades do Nadal, o Goberno local de Ribeira incrementará o despregamento de policías operativos durante as fins de semana de decembro e realizaranse controis de droga e alcoholemia. O obxectivo principal desta medida é “previr o consumo excesivo de

alcol” e “garantir un ambiente seguro para a veciñanza así como para os visitantes”.

A iniciativa ten como propósito abordar os “posíbeis riscos asociados coas celebracións do Nadal, especialmente no que respecta á seguridade pública e o comportamento relacionado co consumo de alcol”.

Segundo informou o alcalde Luís Pérez Barral, con este reforzo policial búscase tamén disuadir calquera comportamento delituoso e mellorar a resposta ante situacións de emerxencia. E engadiu: “Agárdase que esta medida adicional de seguridade brinde tranquilidade á comunidade durante a tempada do Nadal e fomente un ambiente festivo sen incidentes.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.