O Concello de Lousame comparte o seu programa de Nadal (solidario, deportivo, creativo e participativo)

18 Decembro 2023

O Concello de Lousame tamén compartiu a axenda de actividades culturais para estas datas sinaladas, un compendio de propostas que poñen o foco na rapazada e nas familias, neste tempo de vacacións, pero tamén na solidariedade, no deporte, na participación e na creatividade.

Luns 18 de decembro. Concerto do Son do Pote e Panxoliñas

Auditorio da Casa da Cultura de Lousame, ás 19:00 horas. Organiza: Asociación Cultural O Son do Pote. Colabora: Concello de Lousame.

Sábado 23 de decembro. Andaina solidaria e Belén de Cumes

Andaina solidaria a favor da Obra Social de Pediatría do CHUS. Saída ás 10:00 horas da Praza do Concello para percorrer 10 km ata o mosteiro de Toxosoutos, onde se montará o Belén de Cumes. O acto rematará con panxoliñas e chocolate con churros. A volta á praza do Concello farase en autobús. Inscricións en www.emesports.es. Prezo: 6 euros. Organiza: Concello de Lousame.

Colabora: Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH).

Domingo 31 de decembro. Trail de Lousame 2023

O Concello convoca 600 prazas: 300 para o trail longo (25 km) e 300 para o trail curto (14 km). Os prezos son de 12 e 8 euros, respectivamente, e a inscrición estará aberta en www.emesports.es ata as 23.59 horas do mércores 27 de decembro. O acto rematará coa degustación dunha gran paella para todas as persoas participantes. Organiza: Concello de Lousame. Colabora: Futuranea.

Venres 5 de xaneiro. Recepción de Reis.

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a tradicional recepción dos Reis Magos aos nenos e nenas do municipio. Entrada libre e de balde. Organiza: Concello de Lousame.

Venres 5 de xaneiro. Festival de Reis

O Polideportivo Pilar Barreiro Senra (A Silva) acollerá, en horario de 17:00 a 20:00 horas, un Festival de Reis que incluirá unha gran festa infantil con xogos, inchábeis e obradoiros. Así mesmo, haberá chocolate con churros para todas as persoas participantes. Organiza: Concello de Lousame.

Sábado 13 de xaneiro. Pequetrail Lousame 2023

De balde e sen límite de participantes, desenvolverase na contorna do Polideportivo Pilar Barreiro a partir das 16 horas. Inscricións en www.emesports.es. Organiza o Concello e colabora Futuranea.

Exposición Efectos Ópticos na Maxia.

A Casa da Cultura de Lousame acollerá durante as datas de Nadal a exposición Efectos Ópticos na Maxia, unha iniciativa incluída no Festival Festimaxia Lousame 2023. A mostra consta de diferentes paneis nos que se xoga coa perspectiva do espectador e se inclúe un texto explicativo do efecto óptico empregado. Organiza: Concello de Lousame. Colabora: Mago Teto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.