O Concello de Boiro convoca a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de contratación

21 Decembro 2023

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de contratación na modalidade de funcionario/a de carreira correspondente á subescala técnica superior. O prazo de presentación de solicitudes para formar parte deste proceso está aberto dende este xoves 21 de decembro e por un período de vinte días hábiles.

Nas bases faise saber que as persoas candidatas deberán cumprir unha serie de requisitos como posuír o título universitario oficial de grao ou algún dos seus equivalentes; posuír a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público; ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa; non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública e posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións ou tarefas.

O sistema de acceso será mediante concurso- oposición que consistirá na realización de dúas fases. A primeira delas, a fase de oposición, constará de tres exercicios: un cuestionario tipo test, resolución de dous supostos prácticos e a tradución duns textos galego-castelán. A segunda fase, o concurso de méritos, consistirá na valoración da titulación académica, a experiencia profesional, os cursos de formación e perfeccionamento e os cursos administrativos de lingua galega.

O prazo de inscrición é de vinte días hábiles a contar dende este xoves. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello de Boiro. As bases do proceso e toda a información están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.