O BNG reclama un “fondo extraordinario” de axudas para o sector do marisqueo

10 Decembro 2023

O BNG, a través da parlamentaria pobrense Rosana Pérez, anunciou que vai soliciar a comparecencia no vindeiro pleno do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, para que dea conta das actuacións da Xunta diante do “problema produtivo, económico e social de primeira orde que está a supor a perda de produtividade das rías galegas para o sector do mar e, especialmente, para o marisqueo”, explicou Pérez, engadindo que o grupo nacionalista tamén reclamou ao Goberno galego que “saia da parálise na que se atopa” e tome medidas con carácter de urxencia ante a “situación de emerxencia” que se está a vivir no sector, exercendo as súas competencias que, lembrou, son exclusivas no que se refire ao marisqueo.

“A situación é absolutamente extraordinaria e por iso é preciso tomar medidas extraordinarias”, advertiu a deputada nacionalista, que xa adiantou que o BNG vai propoñer no Parlamento o establecemento con carácter de urxencia dun fondo específico de axudas tanto para as persoas traballadoras como para as confrarías afectadas pola baixa produtividade das rías do país. “Trátase dunha perda de produción que, tal e como denuncia o sector, vénse detectando de maneira continuada dende hai anos e agravouse agora polos episodios de mortaldade masiva de bivalvos rexistrados entre os meses de outubro e novembro”.

Pérez tamén sinalou que o BNG proporá ademais a creación inmediata dun comité de crise no que, ademais do propio Goberno galego participen representantes do marisqueo, de institutos científicos e das universidades, co obxectivo de estudar en profundidade as causas da baixa produtividade e coñecer con exactitude por que están a morrer os bivalvos -sobre todo berberecho e ameixa, pero non só-.

A partir de aí, explicou Rosana Pérez, a proposta do BNG pasa por elaborar un plan plurianual con medidas eficaces para poñer freo a unha situación que, asegurou, “xa é insustentábel e está poñendo ao sector contra as cordas” até o punto de que hai traballadores que están optando por abandonar o sector ou sobreviven sen cobertura social”.

A deputada do BNG xa defendeu no pasado pleno unha moción cunha batería de propostas, entre as que se incluían, ademais das axudas inmediatas ao sector e a realización de estudos científicos, “un  protocolo para o baleirado dos encoros, intensificar as actuacións para o saneamento das rías, o apoio a criadeiros de semente propia, a creación dun seguro público de produción marisqueira que garanta uns ingresos dignos ás mariscadoras e os mariscadores, o control na introdución de especies mariñas foráneas e depredadoras ou o estrito control sanitario do marisco importado”.

Outros artigos

Tempo estable o sábado con sol e suba das temperaturas

Galicia manterase este sábado baixo a influencia das altas presións, cun claro dominio do vento do nordés que deixará unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica na maior parte do territorio. Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola...

+

O Albergue da Chaínza de Noia recibe ao seu primeiro peregrino

O Albergue da Chaínza de Noia acolleu na noite de onte ao seu primeiro peregrino, marcando así o inicio da súa actividade como novo punto de acollida para camiñantes do Camiño de Santiago. O primeiro usuario das instalacións foi Óscar Caldera Merino, de 43 anos e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.