O BNG critica ao PP por non secundar a súa proposta de axudas urxentes para o sector marisqueiro

15 Decembro 2023

O PP votou este venres 15 de decembro en contra da petición das axudas urxentes para o sector marisqueiro reclamadas polo BNG con vistas a apoialo “nun ano extremadamente duro marcado pola baixa produtividade das rías e a alta mortaldade de bivalvos, o que está a provocar perdas económicas millonarias que afectan a miles de persoas con nomes e apelidos”, segundo advertiu a parlamentaria pobrense Rosana Pérez. A deputada nacionalista defendeu na Comisión 8ª unha proposición non de lei coas propostas do BNG para atender de inmediato unha situación que, dixo, é “extraordinaria, polo que o Goberno galego debería poñerse mans á abra e articular solucións e medidas extraordinarias”. Entre as propostas do BNG a máis urxente é a de mobilizar as partidas necesarias para atender economicamente ás mariscadoras e mariscadores afectados por non poder seguir traballando e “garantir que ninguén quede atrás ou polo camiño e siga medrando a lista da perda de Permex destes últimos anos”, expuxo.

Rosana Pérez defendeu así mesmo a creación dun seguro público que asegure a produción mínima e evite situacións de desamparo. “Pódese facer e débese facer, só hai que ter vontade política e destinar os recursos económicos e o financiamento necesario”, observou no transcurso do debate parlamentario.

Con carácter inmediato, o Bloque propuxo tamén na comisión axudas “para que ningunha confraría teña que pechar as portas” pois, a consecuencia da situación que se está a vivir nas rías, algunhas teñen xa ao seu persoal en ERTE e “outras moitas sobreviven coa corda ao pescozo”.

Rosana Pérez dixo lamentar “a negativa dos populares a axudar a xente do marisqueo parada dende hai semanas, cuns días de traballo e ingresos reducidos este ano e, agora mesmo, sen nada ao que agarrarse”. Advertiu que os requisitos das distintas axudas ás que se veñen acollendo en situacións como esta “son cada día máis imposíbeis de cumprir” porque esixen un número de días cotizados que “non todo o mundo ten” (120 días nos últimos dous anos no caso das prestacións do Instituto Social da Marina ou 120 días de actividade e venta en lonxa no caso do FEMPA, que até o de agora non inclúe ao marisqueo a pé).

A deputada nacionalista cualificou de “irresponsábel, pero sobre todo inhumano” desentenderse da delicada situación que atravesan os traballadores e traballadoras afectadas, que quedan “nunha situación de incerteza que pode durar meses” mentres o o PP na Xunta “coma sempre” se limite a “pasarlle a pelota ao tellado de quen sexa”, sinalou.

Outros artigos

Sábado seguen os chuvascos e a temperatura mantense

O sábado seguiremos con chuvascos xeneralizados localmente acompañados de saraiba, perdendo frecuencia e intensidad co paso das horas. Durante á tarde achegarase unha fronte que deixará precipitacións en todo o territorio. As temperaturas mínimas non sufrirán cambios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...