Barbantia celebra no Elma (A Pobra) o sábado 12 de decembro a gala da edición XX dos seus premios

13 Novembro 2026

O sábado 12 de decembro, ás 12.30 h no Teatro-Cine Elma do Concello de A Pobra do Caramiñal, a Asociación Barbantia presentará o XXII volume Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza (2026) e celebrará tamén a gala dos XX Premios Barbantia da Cultura 2026, un certame cuxo resultado determinan os votos das socias e socios da asociación (que teñen ata o 30 de novembro ás 23.59 para mandar o seu voto ao correo barbantia@barbantia.es ou por correo ordinario á sede da asociación no enderezo: AC Barbantia, avenida Principal 77, 4º andar, Centro Social de Boiro).

Os galardoados e galardoadas co sereo de Barbantia sairán dunha listaxe na que aparecen os artistas, escritores, axentes culturais e iniciativas nomeados anteriormente polos socios e socias.

As e os finalistas son Esperanza Mara, Jontxu Argibay e Antón Rodríguez Gallardo na modalidade de Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Babanza.

Ao Premio Barbantia á Iniciativa Cultural do Barbanza optan Os Menestreis, Editorial Bourel e o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahume.

As/os finalistas no Premio Barbantia da Cultura Galega son Sonia Bebedynski, Anxo Angueira e Elsa Muñiz.

Vindeiros actos do mes de novembro

· 13 de novembro

20.00 h Libraría Espazo Lector Nobel (Boiro) A lei do mar (Xerais Edicións) de Manuel Esteban

· 20 de novembro

20.00 h Casa Veciñal de Cespón (Boiro) Paio e o Gatipedro (Editorial Galaxia) de Milagros Torrado Cespón (autora) e Laura Pérez Delgado (ilustradora)

· 27 de novembro

20.00 h Centro Cultural Lustres Rivas (Ribeira) Ubre (Companhía do Ruído Editorial) de Xabier López Marqués

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.