O Apalpador e un tren percorrerán o núcleo urbano da Pobra esta fin de semana

13 Decembro 2023

Dúas das actividades centrais da programación do Nadal deseñada pola Concellaría da Promoción Económica para a dinamización económica e social da Pobra do Caramiñal desenvolveranse esta fin de semana, segundo avanza a concelleira desta área, Amparo Cerecedo.

No día 16, o Apalpador realizará unha ruta polo centro para coñece-las crianzas, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Tamén nesa xornada, tanto na quenda da mañá coma na da tarde, haberá un tren do Nadal, actividade que se repetirá no día 17 e que partirá da praza Alcalde Segundo Durán.

O horario do tren é de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Ámbalas accións son de balde e non requiren a inscrición previa.

Ademais, continúa operativo o Fogar do Nadal habilitado na oficina do turismo con numerosas propostas para a rapazada: talleres, pintacaras, decoración ou panxoliñas, entre outras. Está en funcionamento de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.