O alcalde do Son e o concelleiro de Benestar Social desexáronlles felices festas aos usuarios do Centro de Día

28 Decembro 2023

Co fin de desexarlles un feliz Nadal e un feliz aninovo, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e máis o concelleiro de Benestar Social sonense, Pepe Lijó, mantiveron este xoves 28 de decembro unha xuntanza coas e cos usuarios do Centro de Día local, centrado en ofrecer actividades terapéuticas e creativas ás persoas maiores do concello. Oujo e Lijó atenderon as peticións da comunidade do Centro de Día e leváronlles un agasallo de Nadal. O Centro de Día de Porto do Son, emprazado en Nebra, conta cun total de 40 prazas e achega servizos de terapia ocupacional, de educación e de traballo social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.