Noia púxose as botas de montaña en beneficio de Misela

07 Decembro 2023

O pasado domingo 3 de decembro celebrouse en Noia a sexta edición da Andaina Solidaria a prol da Asociación Misela, organizada polo Club Trabandainas coa colaboración do Concello, coincidindo coas celebracións do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Dende o Club Trabandainas mostraron o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron (de diferentes maneiras) na organización da andaina e dende o Consistorio tamén tiveron palabras de agradecemento ao club pola súa “magnífica organización”, á rapazada de Asociación Misela polo seu bo humor, á Policía Local Noia, á Cruz Vermella Noia, e á AVPC pola súa colaboración, así como a todos os veciños e residentes que participaron na xeira deportiva de solidariedade e traballo integrador.

A andaina tamén contou coa axuda da Deputación da Coruña. A distancia a percorrer foi de 12 quilómetros, con dificultade media-baixa. A andaina tivo o seu punto de saída na Alameda, fronte ao Concello. O recadado grazas ás doazóns das persoas participantes irá dar á asociación local Misela, centrada na integración das persoas discapacitadas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.