Noia achega este Nadal unha completa axenda de actividades para todos os públicos

04 Decembro 2023

A programación da Área de Cultura de Noia para este Nadal ven con actividades para tódolos públicos. A axenda, que xa se pode consultar enteira nas redes, estenderase até o mes de xaneiro. A programación terá un carácter marcadamente solidario: a cada evento celebrado no Coliseo ao que asistamos podemos levar un alimento non perecedoiro a favor de Cáritas e Cruz Vermella para axudar ás persoas e familias máis necesitadas. A axenda deu comezo a pasada fin de semana, co arrinque da III edición de Panxoliñas nas Parroquias e coa proxección de Lúa Vermella, no Noela, este sábado 2.

As actividades proseguen o 16 de decembro co filme Hasta el cielo, no Coliseo Noela a partir das 20.30 horas (entrada libre até completar o aforo), e continúan o venres 22, ás 18.00 horas, cun espectáculo de maxia e clown a cargo de Mago Noel (na rúa Carnicería e, en caso de mal tempo, no Coliseo Noela).

O sábado 23 de decembro Pitusa Semifusa achegará un concerto familiar na rúa Comercio (en caso de mal tempo no Noela) a partir das 18.00 horas.

O sábado 23 ás 20.30 horas está programado un Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Noia. Será con entrada libre até completar aforo, no Coliseo Noela.

O sábado 23 a partir das 22h tamén está previsto un concerto de Jerry Noia Jukebox e DJ Pichi, na rúa do Curro. O domingo 24 recalará en Noia o Papá Noel, a quen se lle organizará unha recepción oficial (a partir das 17.00 horas na rúa do Curro e logo percorrendo o rueiro de Noia).

O xoves 28 proxectarase o filme infantil Canta 2, ás 18.30 horas no Coliseo Noela (con entrada libre).

O venres 29 de decembro, ás 17.30 horas, haberá unha sesión de contacontos e monicreques na praza da Constitución (no Noela en caso de mal tempo), a cargo de Lali Moreno.

Na mesma xornada do venres 29, tamén na praza da Constitución, Superpandi levará a cabo unha actividade de animación musical, a partir das 19.00 horas.

Ao día seguinte, sábado 30, a zona da Alameda acollerá ás 19.00 horas as Olimpiadas do Tibu (xogos para a rapazada).

O martes 2 de xaneiro ás 19 horas recalarán en Noia Pistacho e Carboncillo para achegar un espectáculo de circo na rúa do Curro, que será trasladado ao Noela en caso de mal tempo.

O mércores 3 de xaneiro proxectarase ás 18.30 horas a película infantil Os Buscamundos, no Coliseo Noela (con entrada libre).

O xoves 4 de xaneiro, a partir das 19h, Zancudos Elegantes achegarán un espectáculo itinerante nas rúas do centro histórico de Noia.

A maiores de todo o devandito, residentes e visitantes poden visitar até o 6 de xaneiro (dende este 6 de decembro) o Belén Animado da Igrexa de Santa María A Nova.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.