Na Pobra, a Gala Lírica da Zarzuela celebrarase este sábado 30

26 Decembro 2023

O Nadal da Pobra contará un ano máis coa Gala Lírica de Zarzuela que, nesta ocasión, terá Anaís Fernández como soprano e Gabriel Alonso como barítono. Esta cita desenvolverase no 30 de decembro, ás 20.00 horas, no Teatro Cine Elma.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que esta actividade chega, unha vez máis, organizada conxuntamente pola Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal e a Administración local, outorgándolle o toque musical á axenda destas datas, ademais dunha vertente solidaria, coa entrega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros en calidade de entrada.

A reserva de prazas efectuarase no enderezo electrónico concertosateneomusicaldapobra@gmail.com ou no 678895933.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.