“Mero” – Xulio Xiz

13 Decembro 2023
Baldomero Iglesias, Mero

A inmensa maioría de quen isto lea sabe que, se falo de Mero, teño que referirme a Baldomero Iglesias do Barrio, un vilalbés que se fixo mestre e afincouse en Mesía para ensinar, formar familia, escribir, compoñer, e proclamar “urbi et orbe” amor pola cultura, devoción pola Terra Chá, entrega por Galicia e querencia especial pola terra que o acolleu, á que pertence e enaltece.

Mero primeiro foi cantor (e Fuxan os Ventos e A Quenlla son probas irrefutables), logo músico (e quen cante O Carro, de Manuel María, estará cantando música de Mero, que o Manuel xa dicía que non estaba completo o seu poema sen o son que Mero lle asignou), e por fin poeta, con milleiros de poemas galegos no ser e no sentir, sensibles, vibrantes, con alma.

Porque Mero pon en todo o que fai alma, corazón e vida, e diso somos beneficiados cantos andamos ao seu arredor e compartimos querencias e ansias. E se a vida a ten compartida con Loreto e a súa ampla familia, a alma e o corazón están entregadas a dúas terras que o sosteñen e o inspiran: Vilalba e Mesía; dúas chairas que están medidas por ferrados de corazón e fanegas de alma.

Anda agora a asociación Obradoiro da Historia teimando porque Mero sexa declarado Fillo Adoptivo do Concello de Mesía, e agarda que os amigos de Mero – institucións e particulares – apoien a petición que van formular ao Concello para que se lle conceda esta distición. Quen opine, como opinamos todos os seus amigos, que Mero merece esa distinción non ten máis que mandar un correo a “obradoirodahistoria@gmail.com”.

Mero non di nada, pero déixase querer, como teñen que facer os merecentes de agasallo e teñen preto xente sensible que sabe o que hai que facer.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.