Martes con nubes e claros e chuvias cara o serán

18 Decembro 2023

O martes a retirada transitoria das altas presións permitirá a chegada a Galicia dunha fronte á última hora do día. A xornada comeza con ceos con nubes baixas ao oeste e néboas matinais no interior. Co avance da tarde, as nubes irán en aumento. Pola noite, a fronte traerá choivas polo noroeste que se irán xeneralizando durante a madrugada. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas en lixeiro descenso. O vento será frouxo, con predominio da compoñente sur, con intervalos moderados no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Venres con chuvascos e baixa das temperaturas. Temporal no mar

Na xornada do venres seguimos en zona de chuvascos que veñen tras a fronte e que serán localmente treboentos e acompañados de sarabia, ó que hai que engadir a chegada dunha masa de aire polar marítima que fará que algún deses chuvascos sexan de neve, coa cota arredor...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...