Martes con chuvascos baixando progresivamente polo serán

11 Decembro 2023

As primeiras horas do martes a fronte fría situarase no sur deixando chuvias que irán remitindo con apertura de claros. A partir do mediodía predominarán os chuvascos, asociados á progresiva entrada do aire frío, ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas comezarán sen cambios, aínda con valores cálidos durante a madrugada e irán en progresivo descenso, rexistrándose os valores mínimos da xornada ao final do día. O vento soprará moderado de compoñente oeste, con refachos fortes no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.